SAN CIBRAO
A vila mariñeira de San Cibrao pertence ó concello de Cervo (Lugo-Spain).
Si ves por terra, polo oeste, chegarás a ela pola estrada da costa, Ferrol-Ribadeo,
despois de pasar Viveiro, e virar a esquerda ós dez Kilometros, no lugar do
Castelo. Si ves polo leste, o dende o sur, tés que alcanzar a mesma estrada,
pero agora dende Ribadeo ó Ferrol, e virar a dereita despois de deixar 5
Kilometros atrás a vila de Cervo, no lugar de Riocobo. Desde o sur o mellor é
alcanzar a estrada N-634, ben en Villalba ou en Bahamonde (cruce coa autoestrada
do Noroeste). Tamén se pode chegar por tren
Cando estas chegando a San Cibrao xa podes ver a gran bahia na que está
encravado o porto da factoria Alcoa (adicada a transformación da bauxita en
aluminio).
A Bahia está protexida do mar po-las puntas de
Morás e o cabo de San Cibrao e polas illas Farillons. A foz da concha que forma
a desenbocadura do rio Cobo, coa praia do Torno e o porto, está protexida pola
Anxuela, pequena illa, na que se alza un peirao protector
San Cibrao foi un importante porto baleeiro dende a Edade Media, ainda
que a primeira comunicación escrita, na que se fala sobre os feitos da captura
da balea en San Cibrao, datan do 1550. Podiase chegar ó lugar, dende tempos
anteriores, pola estrada e a ponte, de tipo roman, que cruzan o rio Cobo e que
ten un bon indice de conservación.
No século XIV xa tiña sona, San Cibrao, polos asteleiros nos que se
facian carabelas. Estes asteleiros de ribeira fixeron barcos hasta os anos
setenta.
A finales do século XVIII, San Cibrao convirtiuse nun porto de vital
importancia para as Reais Fábricas de Sargadelos, Saíndo polo mar as
porcelanas e armas que alí se fabricaban. Hoxe, no Museo Provincial do Mar,
sito nas antergas Escolas, podense atopar mostras de aqueles tempos.
Na decada dos 60 no século XX , San Cibrao incrementou o seu potencial
pesqueiro nas capturas de bonito. Moitas familias armaron barcos para levalos ó
Gran Sol, chegando o cabo de que un iate de recreo, feito nos asteleiros da ria,
fora tamen adicado a tal fin.
O gran crecimento da vila comenzou coa chegada de Alumina. Os veciños de
Vidueiros, que foron expropiados, foron trasladados a A Veiga onde medrou un
importante barrio.
San Cibrao ten praias, O Torno, Cubelas a Caosa, dotadas de bandeiras
azues, e que se enchen de xente no veran. Festas de gran raigame popular como a
do Carmo, dia 16 de Xullo, e que dura varios días: A de San Cibrao, 22 de
Setembro, a de San Andrés, 30 de Novembro. Festas maís recentes e moi animadas
como a da Maruxiana, primer sábado de Agosto, a do Turista, no mes de Agosto,
ou a do Vento, o primer día de Primavera. Festas que acollen ós forasteiros
con gran ledicia. A Todas elas contribuen co seu esforzo
as asociacions culturales de San Cibrao: O grupo Mixtura, o CIT, o a nosa dos
Aventados.